domingo, 27 de abril de 2014

O camiño non tomado


Dous camiños bifurcábanse nun bosque amarelo
e sentindo mágoa por non poder coller ambos os dous
e viaxando só, durante un bo anaco parei, alí de pé,
e observei un deles tan lonxe como puiden
ata onde se perdía na espesura;

e entón elixín o outro, tan interesante coma o primeiro,
tendo, se cadra, tomado a decisión acertada,
porque era tupido, con herba moi verde e pouco transitado.

Aínda que ao camiñar por alí
vin que en realidade estaban igual de desgastados
e esa mañá ambos os dous estendíanse diante miña
aquelas follas que ningunha pegada pisara.

Ouh, gardei o primeiro camiño para outro día!
sabendo como sabía que un camiño leva a outro camiño,
e entón dubidei se algunha vez volvería por ese vieiro.

Sei que hei dicir isto cun salaio
nalgún sitio, agora e nos tempos que han vir:
dous camiños bifurcábanse nun bosque, e eu...
e eu collín o menos transitado
e iso foi o que marcou toda a diferenza.





O camiño non tomado, Robert Frost



[A tradución é miña]

Sem comentários:

Enviar um comentário