segunda-feira, 21 de fevereiro de 2011

Sementeira

Florentino L. Cuevillas, Ourense, 1886 - Ourense, 1958


Nos anos que han vir veredes quizais debecer aínda máis a nosa cultura, perder terreo a nosa língua, confundirse os perfís do noso país astra borrarse no neboeiro borrallento que o invade todo. Non desesperedes, os que de verdade sintáde-la emoción galega; seguide sempre con fe, e se se vos ocorre pensar acaso se sementades ou se só esparexedes, desbotade ese pensamento e tede por certo que calquera traballo, grande ou pequeno, duro ou levián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira.

Florentino L. Cuevillas, 1951 [última parte do artigo: Sementeira, incluído no libro Prosas galegas]