sábado, 27 de novembro de 2010

Recordos de irmáns

Francisco Fernández del Riego, Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010


Nunha ocasión, alguén achegado á familia, díxolle á miña nai: "¡Que fillos ten, dona Amada, xa pode estar contenta!" "Bueno -dixo ela-, os meus fillos son traballadores, moi traballadores".
Se eu tivera que definir a Paco e darlle un alcume axeitado, diría que é un traballador nato. ¿Alguén reparou no dedo corazón da súa man dereita? Está completamente desfigurado de tanto escribir. E iso que ten unha maquiniña dos anos da Polka que lle axuda non pouco nesa tarefa. Sempre foi traballador. Acórdanseme os anos do seu bacharelato cando volvía do colexio nas vacacións do verán e reuníanos ós máis cativos da casa e facíanos ler en voz alta. Logo facíanos dictados cargándonos nos uves como se facía no inglés, francés, portugués ou latín. E isto quizáis contou para que ningún de nós tivese faltas de ortografía.

Pero o traballo teimudo e de aguante -é capaz de estar traballando arreo todo o día sen parar máis que para comer- non é a única virtude súa. A bondade, tamén innata, podería caracterizalo.


[Anaco do artigo de Ana María Fernández del Riego incluído no libro de homenaxe a Francisco Fernández del Riego, publicado en 2002 pola fundación Premios da Crítica-Galicia]

Sem comentários:

Enviar um comentário