sábado, 6 de novembro de 2010

Gañadores do "I Concurso de Nova Poesía Galega"






O xurado constituído con motivo do "I Concurso de Nova Poesía Galega", convocado pola editorial discográfica "Ruada", ven de emitir o seu fallo, seleccionando como merecedores do premio aos seguintes poemas, que serán publicados nunha edición sonora:


Poema "Alo aeternis", de Mauro Leiras. Mondoñedo.
"Pensativa a aboa presinte na tarde o seu fin", de Xúlio L. Valcárcel. Santiago.
"Contra as pedras batendo", de Lolis San Simón.
"Painai", de Manuel Rivas. A Coruña.
"Velahí a cibdade", de Mº do Pilar Costa Maquieira. Vigo.
"Loita final no paraíso perdido", Xosé Daniel Álvarez Iglesias. Pontevedra.
"Breixohom é o señor das augas todas", de Xosé Vázquez Pintor. Cangas do Morrazo.
"Negro 19", de Luis Rey Moure. A Coruña.
"Vello Pel Roxa", de Xosé Uxío Diz Tilves. Marín.
"Canto íntimo á muller de terra adentro". Félix Vergara Vilariño. Samos.
"Poema a Cari". Alité Serantes Gómez. Fene.
"Imos amar muller o noso tempo", Miguel Anxo Fernán Vello. A Coruña.

Integraron o xurado os poetas Xavier Seoane e Cesáreo Sánchez, xunto co escritor e mentro de "Ruada", Constatino Rábade.
O critério seguido polo xurado foi o de seleccionar aquiles poemas que dentro de un nivel de calidade, mostrasen unha variedade representativa das diferentes formas de expresión presentadas.

[Noticia aparecida en "La Voz de Galicia" o 25 de xullo de 1981]

Sem comentários:

Enviar um comentário